miércoles, 11 de junio de 2008

Teotías contémporeneas de xustiza de M.Walzer

Sempre hai grupos de persoas que pensan que a riqueza está mal repartida e que non debería estar controlada por persoas con poder ben sexa político ou económico.
A riqueza está controlada polas persoas con poder, polo máis forte, a honra polos ben nados e os cargos polos ben educados. Esto é o que di M. Walzer.
O conflicto social é intermitente ou endémico. Despois dun tempo as contra esixencias afloran se ben son de distintas clases tres delas son especialmente importantes:
1. A pretensión de que o ben dominante se distribúa de forma máis ou menos compartida que equivale a afirmar que o monopolio é inxusto. Esto da lugar a unha desigualdade económica.
2. A pretensión de que se abran vías para a distribución autónoma de todos os bens sociais equivale a afirmar que o predominio é inxusto. Hai grupos que pensan que esto non é xusto porque non lles parece unha boa razón.
3. A pretensión de que un novo ben monopolizado por un novo grupo remplace ó ben actual dominante iso equivale a afirmar que o esquema existente de predominio e monopolio é inxusto.
O monopolio que reside nuns poucos é inxusto.

No hay comentarios: